PERÍODOS
GALEGO ANTIGO O galego antigo conformouse no século VIII e falouse no territorio que abranguía a antiga Gallaecia Romana, o que é a actual Galiza, o Norte de Portugal ata o río Douro e a franxa occidental de Zamora, León e Asturias. As características principais do galego antigo son: - Fonoloxía: presenza de vogais nasais, abundancia de hiatos pola caída de consoantes intervocálicas e un sistema de sibilantes xordas e sonoras moi complexo. - Morfoloxía: Ausencia de morfemas femininos para os sustantivos rematados en -or, pronome "te" para CD e CI, pronomes mesoclíticos, desinencias verbais diverxentes das do galego actual, tempos compostos con aver e un participio en -udo para algúns verbos da 2.a conxugación. - Sintaxe: Uso do posesivo sen artigo: de seus milagres e anteposición do pronome átono. - Léxico: Presenza de préstamos do francés, presenza de préstamos do provenzal e palabras hoxe desaparecidas. - Ortografía: Moitas vacilación gráficas, só signos de interrogació...