PERSOAS DESTACADAS

 OCTAVIO AUGUSTO

Foi o primeiro emperador fo Imperio Romano e gobernou durante máis de catro décadas. Naceu no ano  63 a.C en Roma, no seno dunha familia rica e poderosa e morreu no ano 14 d.C en Nola, Italia.            Este home era sobriño de Xulio César.








DÉCIMO XUÑO BRUTO

Foi un xeneral romano que se encargou de dirixir ás tropas romanas na campaña da conquisa do sur da actual Galiza e do norte de Portugal, o que posteriormente denominouse Gallaecia; ademais foi o fundador de Valencia.








XULIO CÉSAR

Foi un político e militar romano do I a.C, membro dos Patricios Xulio Césares, que alcanzou as máis altas maxistraturas do Estado romano e, dominou a política da república tras vencer na guerra civil que enfrontou contra o sector máis conservador do senado.







AFONSO VIII

Foi o rei de León ata a súa morte, onde Fernando III o Santo acabaría unindo en 1230 os reinos de Castela e León mediante a Concordia de Benavente, o cal suporía o xurdimento da Coroa de Castela.







FERNANDO III

Foi o rei de Castela dende 1217 ata 1252 e, de León dende 1230 ata 1252. É fillo de Berenguela, raíña de Castela, e de Afonso IX, rei de León. Unificou dinamicamente os reinos castelán e leonés, os cales permaneceran divididos dende 1157.







AFONSO X

Afonso X tamén coñecido como "O Sabio", era fillo do monarca Fernando III e da súa muller Beatriz de Saubia, princesa de Alemaña. Este home foi rei de Castela e León entre os anos 1252 e 1284.







PADRE FEIXOO SARMIENTO
 Martín Sarmiento ou máis coñecido como "Padre Sarmiento", naceu o 9 de marzo de 1695 en Madrid, e morreu o 7 de decembro de 1772 no mesmo lugar. Este home foi un escritor, erudito e monxe benedictico español pertencente á ilustración.






SOBREIRA

Juan Sobreira Salgado nacido en xuño do ano 1746 en Beade, Ourense e falecido en Madrid no 1805,  foi un botánico, lexicógrafo, historiador e abad benedictino galego.







ROSALÍA

Foi unha poeta e novelista española que escribiu tento en galego como en castelán. É considerada como unha das grandes poetas da literatura española do S.XIX. Foi unha das figuras máis emblemáticas do Rexurdimento Galego.






EDUARDO PONDAL

Foi un poeta español e rexionalista galego; escribiu tanto en galego como en castelán. Era o encargado de das as primeiras estrofas do himno galego co seu poema "Os Pinos".






CURROS ENRÍQUEZ

Foi un poeta español en lingua galega representante do período histórico-literario denominado Rexurdimento na literatura galega. As súas obras eran caracterizadas polo seu fondo no contido social.




Comentarios

Entradas populares de este blog

PERÍODOS

FORMACIÓN