FORMACIÓN
SUBSTRATO
DEFINICIÓN DE SUBSTRATO
É unha lingua substituída por outra como consecuencia dunha invasión, que inflúe nesta imprimíndolle certas características.
MARCO HISTÓRICO DO SUBSTRATO
Galiza vai ser un territorio habitado dende hai máis de 300.000 anos . Malia a escaseza de datos con que traballan os expertos, poden distinguirse na formación do galego dúas grandes presenzas lingüisticas previas á latinización. Un compoñente preindoeuropeo situado cronoloxicamente na Idade de Pedra, e outro indoeuropeo, a partir de finais do século IX ANE.
A pegada máis segura destas contribucións na nosa lingua prodúcese, sobre todo, no léxico.
PROCESO COMPOÑENTE PREINDOEUROPEO
Corresponden a este substrato un conxunto de reliquias lexicais que os expertos consideran propias das linguas faladas no noroeste da Península Ibérica antes da súa indoeuropeización. Serán as linguas que se falan dende o final do paleolítico inferior ata o III-II milenio ANE e proceden do norte de África e do centro de Europa.
PROCESO COMPOÑENTE INDOEUROPEO
Contra o ano 800 ANE, rexístrase a entrada dun pobo procedente do centro de Europa. Falaban unha lingua indoeuropea relacionada co celta, por isto, reciben o nome de paraceltas. Tamén procedentes do centro de Europa producirase a chegada dos celtas en dúas vagas sucesivas. Arredor do s. VIII ANE, veu a primeira vaga de celtas (celtas goidélicos ), polo que deberon chegar máis ou menos canda os paraceltas. Dous séculos máis tarde, estableceuse no norte e no occidente da Península Ibérica a segunda e principal vaga de pobos celtas (celtas británicos), que falaban unha lingua emparentada co gales… Algúns dos celtismos incorporados ao galego chegaron a nós a través do latín, pois os romanos viviron moito tempo en contacto cos celtas.
ESTRATO
DEFINICIÓN DE ESTRATO + MARCO HISTÓRICO DO ESTRATO
O estrato é unha lingua base da cal logo se crean outras.
A lingua latina, de orixe indoeuropea, falábase orixinariamente na comarca que rodeaba Roma, no centro da Península Itálica. Mais, coa política expansionista de Roma, concibida primeiro como un mecanismo defensivo e despois para ampliar o seu territorio, a expansión do latín foi imparable.
A conquista de Gallaecia foi un proceso longo e tedioso que durou algo máis dun século.
Décimo Xuño Bruto inicia a colonización romana do territorio galego , que continuará a través de diversas campañas que buscarán a pacificación do territorio que está en constante conflito. Especialmente é sobranceiro o proceso de pacificación do territorio levado a cabo por Xulio César no ano que visita Gallaecia para obter riquezas e chegará ata Brigantium (a actual A Coruña). O proceso de conquista da Gallaecia darase por finalizado coas crueis campañas de Octavio Augusto das guerras do Monte Medulio. Gallaecia vaise conformar como provincia romana que estará dividida en tres conventos e que achegará algunhas das figuras relevantes da historia romana pero na que a estrutura social castrexa persistirá durante moito tempo.
Con todo, a introdución do idioma latino foi un proceso lento de substitución lingüística que durou ata a fin do imperio. Así, este proceso desenvolveuse, segundo os estudosos, en tres fases.
LATÍN VULGAR
O latín traído ao noroeste peninsular non era o latín culto, a variante empregada na literatura clásica, senón o latín coloquial oral que empregaban os colonizadores romanos
DEFINICIÓN DE CULTAS; SEMICULTAS E PATRIMONIAIS; TECNICISMOS, DOBRETES E TRIPLETES.
Os cultismos son palabras procedentes do latín culto ou do grego que entraron tardiamente na lingua galega por vía erudita e que se conservan sen cambios significativos.
Os semicultismos son palabras procedentes do latín que entraron na lingua cando xa o galego tiña un camiño propio, polo que experimentan algunhas evolucións.
As palabras patrimoniais son aquelas que entraron na época da colonización romana e sufriron practicamente todas as evolucións fonéticas ata acadar a forma que teñen hoxe en día.
Un tipo de cultismos son os tecnicismos, termos específicos empregados nas ciencias, nas artes..., e poden formarse seguindo tres procedementos diferentes:
- Incorporando palabras latinas ou gregas.
-Creando palabras novas a partir de prefixos ou sufixos latinos ou gregos.
-Tomando termos de linguas modernas, nomeadamente do inglés.
É habitual que dun mesmo étimo latino deriven unha voz patrimonial e unha culta, isto son os chamados dobretes léxicos.
Mesmo pode ocorrer tamén que dun mesmo étimo latino procedan unha voz patrimonial, outra semiculta e outra culta, a isto chámaselle triplete léxico.
SUPERESTRATO
DEFINICIÓN DE SUPERESTRATO
É unha lingua que se estende temporalmente polo dominio xeográfico doutra, deixando nela certa influencia.
MARCO HISTÓRICO DOS POBOS XERMÁNCOS
Xa dende o século II producíronse incursións dos pobos xermánicos nalgunhas zonas do Imperio, pero foi no século V cando chegou a través dos Pireneos unha serie de pobos xermánicos buscando onde se establecer. Os suevos e os vándalos asentaranse en diferentes lugares da Península. No noroeste, na Gallaecia, establecéronse os suevos que, constituíron o primeiro reino de Europa Occidental dende a caída do imperio Romano. O reino suevo, xunto coa presenza celta, serviu para a creación dunha conciencia diferenciada galega dentro do conxunto dos pobos ibéricos.
Posteriormente, o Reino Suevo da Gallaecia foi anexionado polos visigodos, un pobo, tamén xermánico.A Gallaecia pasará a ser unha rexión con entidade propia no Reino Visigodo que incluso contará co seu propio rei, diferente do do Reino Visigodo.
MARCO HISTÓRICO DOS ÁRABES
No 711, os musulmáns entraron na Península e puxeron fin á monarquía visigótica. O avance musulmán foi tan imparable que amplos sectores da poboación hispano-visigoda víronse obrigados a se refuxiar en Galiza e en toda a franxa montañosa do norte da Península. Mentres, o resto da poboación optou por permanecer nos territorios conquistados polos musulmáns, que lles respectaron a lingua, a relixión e os costumes aos habitantes hispanovisigodos, coñecidos como mozárabes.
Sabemos da importancia de Galiza durante esta época porque os propios árabes denominaban Galiza a toda a zona que non estaba dominada por eles, fronte ao que si era o seu territorio Al-Ándalus. Nos redutos montañosos do norte foron xurdindo unha serie de condados e reinos cristiáns que falaban diversas linguas.Se ben na zona de dominación árabe nacerá un único idioma romance, o mozárabe.
Aínda así a presenza árabes en Galiza foi moi efémera pois saen do territorio sen completar a conquista. Posteriormente produciranse ataques inesperados de xeito puntual. Todos os pobos do norte peninsular iniciarán unha conquista progresiva do territorio de Al-Ándalus que irá espallando a súa lingua romance por todo o territorio.
Lingüisticamente, a achega árabe aos romances ibéricos foi moi rica, pois era un pobo avanzado tanto no eido artístico coma no da técnica, coma no da ciencia. Se ben houbo contacto continuado entre falantes de galego e falantes de árabe que permitiu a entrada de numerosos préstamos do árabe. A efémera presenza dos árabes no territorio galego fixo que o abondoso léxico de procedencia árabe co que conta o galego chegase a través das linguas veciñas, o castelán e o portugués.
ADSTRATO
DEFINICIÓN DE ADSTRATO
É a lingua ou linguas que deixan préstamos noutra debido á comunicación dos seus falantes.
DEFINICIÓN DE PRÉSTAMO
É un elemento, xeralmente léxico, que unha lingua toma doutra mantendo a súa forma orixinaria ou adaptándoo ao seu propio sistema.
EXTRANXEIRISMOS
Son palabras nas que se conservan a forma da súa orixe.
CALCOS
Son palabras que se traducen literalmente para adaptarse á lingua de chegada, por exemplo mouse en inglés que foi traducido a rato en galego.
ADAPTACIÓNS
Son palabrs que se adaptan fonética, gráfica ou morfoloxicamente á lingua de chegada, por exemplo football en inglés a fútbol en galego.
INTERFERENCIAS
Son termos innecesarios por posuír a nosa lingua outros cos que nomear eses conceptos, por exemplo parking en inglés.
Comentarios
Publicar un comentario