PERÍODOS
GALEGO ANTIGO
O galego antigo conformouse no século VIII e falouse no territorio que abranguía a antiga Gallaecia Romana, o que é a actual Galiza, o Norte de Portugal ata o río Douro e a franxa occidental de Zamora, León e Asturias.
As características principais do galego antigo son:
-Fonoloxía: presenza de vogais nasais, abundancia de hiatos pola caída de consoantes intervocálicas e un sistema de sibilantes xordas e sonoras moi complexo.
-Morfoloxía: Ausencia de morfemas femininos para os sustantivos rematados en -or, pronome "te" para CD e CI, pronomes mesoclíticos, desinencias verbais diverxentes das do galego actual, tempos compostos con aver e un participio en -udo para algúns verbos da 2.a conxugación.
-Sintaxe: Uso do posesivo sen artigo: de seus milagres e anteposición do pronome átono.
-Léxico: Presenza de préstamos do francés, presenza de préstamos do provenzal e palabras hoxe desaparecidas.
-Ortografía: Moitas vacilación gráficas, só signos de interrogación e admiración finais e uso do guión para separar verbos e pronomes átonos.
GALEGO MEDIO
Co remate da época medieval, o portugués e o castelán acadaron a súa plena consolidación como linguas de Estado, mentres que o galego entrou nunha longa época de decadencia que durou máis de tres séculos.
As características principais de galego medio son:
-Fonoloxía: Desaparición das vogais nasais, xeneralizaciós dos ditongos, aparece a gheada e o seseo e o enxordecemento e simplificación do sistema de sibilantes, orixinando o sistema actual.
-Morfosintaxe: Distinción te/che para CD e CI, alternancia llo/llelo, xeneralización da desinencia -che(s) para a segunda persoa do singular dos pretéritos de indicativo, xeneralización da desinencia -o para a
terceira persoa do singular dos pretéritos de indicativo irregulares e a conservación da desinencia -des na 2ª persoa do plural.
-Léxico: Entrada de moitos castelanismos e a deturpación dos topónimos e dos apelidos galegos.
-Ortografía: Confusión b/v e grafías ll e nn/ñ (para dobre ele e eñe), en lugar dos lh e nh que o portugués adopta desde 1250.
GALEGO MODERNO
O XIX vai ser o século do rexurdir da lingua galega. Tras máis de tres séculos sen practicamente uso escrito e cultivo literario, sometida a un proceso de dialectalización e deturpación, no século XIX vaise producir o seu rexurdimento.
As características principais do galego moderno son:
-Fonoloxía: A gheada e o seseo recúan cara á franxa máis occidental de Galiza.
-Morfoloxía: Esténdese a solución -ión fronte a -ón. As dúas coexistiran desde a Idade Media ata comezos do século XIX, dialectalismos morfolóxicos e interdialectalismo que se reflicte na vacilación de uso
nun/ha mesmo/a escritor/a entre formas.
-Léxico: Entrada de novos castelanismos
• Algúns veñen emparellados con voces patrimoniais, con especialización de significados: *grifo (normal), billa (das pipas de viño)...
• Outros son reelaboracións de palabras galegas (con moldes casteláns): *antoxo, *conexo...
• Outros son reelaboracións de palabras castelás (con moldes galegos): *cuchilo, * lexos...
-Popularismos: *comenencia, * millor, *zucre, *vran...
-Diferencialismos, hiperenxebrismos ou hipergaleguismos, dialectalismos e vulgarismos, que substitúen mesmo formas cultas e arcaísmos ou palabras antigas que xa non existían nesa época.
-Ortografía: Normas ortográficas tomadas do castelán, vacilacións ortográficas, uso de apóstrofos e guións e representación do seseo e, menos, da gheada.
Comentarios
Publicar un comentario