SUCESOS RELEVANTES

 NEOLÍTICO E PALEOLÍTICO


Durante esta época, no noroeste peninsular existiron pobos de etnias e linguas diversas, dos que hai escaseza de datos. Son as linguas preindoeuropeas anteriores ao I milenio ANE.

No paleolítico, a maioría destes pobos eran nómadas que se asentaban temporalmente preto dos ríos ou na costa, e no neolítico comezou o sedentarismo.








CULTURA CASTREXA

Crese que, entre os séculos VIII e VI ANE, da unión entre os elementos dos pobos autóctonos e dos chegados de Centroeuropa , xurdiu a cultura castrexa, a cal estaba caracterizada polos castros e pola metalurxia do ferro.




A GALLAECIA ROMANA

A incorporación de Gallaecia ao Imperio Romano foi posterior á do resto dos territorios peninsulares e tamén máis lenta. Décimo Xuño derrotou aos galaicos, de aí saiu o nome de Gallaecia, e en tempos do emperador Octavio Augusto contemplouse a anexión.




OS SUEVOS E VISIGODOS


A crise do Imperio Romano facilitou a chegada dos pobos xermanos a Galicia, os suevos, no ano 409. Estes, malia crearen un reino, mantiveron o esquema administrativo romano e adoptaron o cristianismo e o latín. No ano 585, Galicia incorporouse ao reino visigodo.







Comentarios

Entradas populares de este blog

PERSOAS DESTACADAS